Receitas Emdeza - O cocido de Rosa

Receta - O cocido de Rosa, como elaboralo e ingredientes

Ben é sabido que cada un ten a súa forma de preparar os seus pratos Rosa, a avoa dunha compañeira do equipo de Emdeza,prepárao sen garavanzos, nin sopa previa, nin pito; e igualmente taaaaan exquisito. Rosa prepara o cocido na cociña de leña, coidadosamente con moito mimo en cada paso que fai. Ela compartiu amablemente a súa receita connosco, e nós querémosvola dar dunha forma diferente: paso a paso segundo as horas que Rosa lle dedica ao seu cocido…

Pasos a seguir para elaborar un bo cocido

  • 10:30 – Rosa pon a carne de Emdeza a cocer despois de tela desalando desde a tarde anterior, cambiándolle a auga polo menos dúas veces. Ao seu cocido bótalle os seguintes salgados de porco:
  • 11:00 – Prepara as verzas sacándolles o canoto e partíndoas máis pequenas.
  • 11:30 – Engade as fabas á pota de carne. Rosa afai deixar as fabas para abrandar en auga desde a noite anterior.
  • 12:00 – Prepara as cabezas de repolo abríndoas e cortándoas tamén en lascas máis pequenas, e pon outra pota con auga ao lume para máis tarde. Non se esquece de ir metendo madeira á cociña para que o lume vaia facendo o seu traballo.
  • 13:00 – Nesoutra pota, na que a auga xa ferve, primeiro bota as verzas para cocer.
  • 13:15 -Cunha diferenza de 15 minutos, engade o repolo.
  • 13:30 – Cunha rigorosidade propia de quen leva facendo isto moitos anos e manexa á perfección os tempos, 15 minutos máis tarde pon a cocer as patacas e os chourizos de carne e de cebola na mesma pota que a verdura. Remove con coidado e, de novo, comproba que ten lume a cociña.
  • 14:30 – Rosa ten o cocido listo! Ou o caldo, como ela prefire chamarlle 😉

A continuación, deixámosvos un breve vídeo da receita do cocido que Rosa preparou á vez que nos explicaba cada paso. Por suposto, convidounos a probalo e estaba boísimo! ¡Grazas Rosa, polo teu tempo e o teu cocido!

E para cociñar o voso propio, ou como agasallo ideal para alguén, deixámosvos abaixo o link ao Pack do Cocido Emdeza, un kit con todos os ingredientes necesarios para un bo cocido.

A receita en vídeo 

Pack do Cocido

Faite con todo o necesario para cociñar un cocido excepcional: enviámosche o teu Pack do Cocido Emdeza a calquera punto da península ou a Baleares en 24-48 horas. Desfrútao e cura esa morriña!

Pack do Cocido Emdeza Pack do Cocido Emdeza

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp